
A Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia Tipo Alzhéimer (AGADEA) é unha entidade sen ánimo de lucro, constituída no ano 1994 en Santiago de Compostela, que ten como fin mellorar a calidade de vida das persoas con demencia tipo alzhéimer e outras demencias, así como das súas familias e persoas coidadoras.
Funcións no proxecto EUTERPE_adn
Dentro do proxecto EUTERPE_adn, a entidade contribúe a mellorar a calidade de vida das persoas maiores con demencia principalmente, promovendo a música como elemento indispensable para unha vida saudable, e combatendo entre outras cousas, a soidade. A música é considerada unha ferramenta terapéutica e máis se cabe, nas zonas rurais onde traballa a entidade. As alianzas que se crean en dito proxecto EUTERPE_adn con Portugal, ademais de con organismos públicos e privados están xerando sinerxías que favorecen a mellora dos servizos que realizamos e recae consecuentemente na mellora da calidade de vida das persoas que atendemos.
A entidade xestiona todo o relacionado cos grupos de persoas que participan no proxecto, a atención directa, colaborando na recollida de mostras de sangue e saliva, as avaliacións cognitivas. Coordina a súa labor con Músicas ao vivo para o bo transcorrer dos talleres de música nas súas instalacións. Encargouse da realización dunha sesión formativa para os músicos que participan directamente na intervención cos usuarios/as de Agadea.
En coordinación co equipo interdisciplinar da entidade, recrutáronse os participantes a través de sesións informativas. Traballouse conxuntamente para finalmente conseguir tres grupos diferentes, con capacidades cognitivas distintas e en tres áreas territoriais, no concello de Rianxo, no concello de Vedra e o concello de A Estrada.
AGADEA participa activamente en dito proxecto con 70 persoas.
Equipo de Traballo colaborador en EUTERPE_adn
- Lucia Fandiño: traballadora social e coordinadora do proxecto Euterpe_adn en Agadea.
- Sonia Castro: traballadora social coordinadora da área de A Estrada.
- Jorge Méndez: psicólogo, coordina dous grupos de envellecemento activo en Vedra. Coordina as avaliacións psicolóxicas dos participantes en Euterpe_adn.
- Alba Pérez: animadora sociocultural, apoia nas sesións de música e nas recollidas de mostras.
- Mª Jesús Otero: xerocultora, apoia nas sesións de música e nas recollidas de mostras.
- Maria Asunción Villaverde: xerocultora, apoia nas sesións de música e nas recollidas de mostras.
- Mª Isabel Gey: presidenta de Agadea e membro do comité asesor de Euterpe_adn.
- Faustino Rodríguez: xestor da entidade, membro do comité de coordinación e gobernanza de Euterpe_adn.
