EUTERPE_ADN

Programa de Cooperación Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027

Dano Cerebral Santiago de Compostela

Dano Cerebral Santiago de Compostela

Somos unha entidade sen ánimo de lucro creada en decembro de 2000 por familiares e persoas con Dano Cerebral Adquirido (DCA) e que desenvolve a súa labor fundamentalmente nos concellos que configuran a Área Sanitaria de Santiago e Barbanza.
O Dano Cerebral Adquirido (DCA) é pouco coñecido pero si que o son as súas causas: ICTUS, traumatismos craneoencefálicos por accidentes, tumores cerebrais, falta de osíxeno por unha parada cardiorrespiratoria ou un afogamento etc. As secuelas, moitas veces invisibles, poden ser moi variadas.
Dano Cerebral Santiago de Compostela ten como obxectivos fundamentais promover a defensa conxunta dos dereitos destas persoas e familias; a súa integración e normalización social así como o seu coidado, asistencia e protección. Entre os fins principais da asociación tamén están os de orientación e información así como a prevención do DCA e os seus efectos.
Actualmente a súa base social está formada por máis de 1000 persoas entre socios/as, colaboradores/as, voluntarios/as e profesionais, que traballan para conseguir a misión de mellorar a calidade de vida das persoas con dano cerebral adquirido e a das súas familias.

Funcións no proxecto EUTERPE_adn

Persoas usuarias dos nosos servizos participan no grupo experimental e no grupo de control do proxecto. Como contempla o proxecto, todas participan na toma de mostras e só as do grupo experimental acoden aos talleres de música que se celebran no noso centro os luns e mércores de 10:30 a 11:30.

Equipo de Traballo colaborador en EUTERPE_adn

  • Noelia Nieto: educadora social. Coordinadora e enlace.
  • Noelia Parente: educadora social. Participa nos talleres de música.
  • Mariana Ansía: monitora. Participa nos talleres de música.