
O Instituto de Investigación Sanitaria (IDIS) de Santiago de Compostela promove a investigación traslacional, a innovación e a docencia no ámbito clínico das áreas de saúde. Xestiona a maior institución de investigación sanitaria do noroeste de España (>90 grupos de investigación, >1500 investigadores). O seu obxectivo é ser referente na xestión especializada e na promoción da investigación no ámbito sanitario. EUTERPE_adn é unha continuación natural do noso proxecto de música e biomedicina Sensogenomics (http://sensogenomics.com) liderado polo grupo de investigación de Xenética de Poboacións en Biomedicina (GenPoB-IDIS; https://genpob.eu; IP: Prof. Dr. Antonio Salas Ellacuriaga; catedrático da Universidade de Santiago de Compostela [USC]; https://www.usc.gal) e GenViP-IDIS; IP: Prof. Dr. Federico Martinón Torres; catedrático da USC).
Funcións no proxecto EUTERPE_adn
O IDIS lidera o proxecto EUTERPE_adn, asegurando o cumprimento dos obxectivos, actividades e indicadores, e desempeñando un papel clave na coordinación e seguimento. A través desta iniciativa, o IDIS impulsa:
Unha análise prospectiva, lonxitudinal e de longo prazo sobre o impacto da música en adultos maiores e en enfermidades neurodexenerativas ou neuromotoras.
A creación dunha rede de colaboración entre profesionais de distintos ámbitos en Galicia e Portugal.
O traballo conxunto con asociacións de pacientes para fomentar unha investigación traslacional próxima, e orientar os achados cara a unha medicina personalizada.
Como grupo de investigación especialista en xenética e biomedicina, o IDIS encárgase do deseño biomédico para a recollida de mostras biolóxicas, a implementación de cinco recollidas de toma de mostras (sangue a través dunha punción capilar e hisopado bucal), o seu procesamento, almacenamento e posterior análise para avaliar o impacto da música na expresión dos xenes. Ademais, lidera as estratexias de difusión e comunicación do proxecto, así como as accións destinadas á xeración e divulgación dos resultados.
Equipo de Traballo colaborador en EUTERPE_adn
- Dra. Laura Navarro Ramón: Coordinadora.
- Dra. María José Currás Tuala: Investigadora biotecnóloga.
- Dra. Isabel Ferreirós Vidal: Investigadora bióloga, inmunóloga.
- Dra. Sandra Viz Lasheras: Investigadora xenetista, bioinformática.
- Dr. Xabier Bello Paderne: Investigador biólogo, bioinformático.
- Dra. Carmen Rodríguez-Tenreiro Sánchez: Investigadora farmacéutica, responsable de ensaios clínicos.
- Dr. Lorenzo Redondo Collazo: Médico pediatra.
- Carlos Durán Suarez: Xestión técnica.
- Mirian Ben García: Técnica superior de laboratorio.
- Patricia Regueiro Casuso: Técnica superior de laboratorio.
- Silvia Cerqueiro Rey: Enfermeira de investigación.
- Sara Rey Vázquez: Enfermeira de investigación.
- Ana María Senín Ferreiro: Enfermeira de investigación.
- Prof. Dr. Antonio Salas Ellacuriaga: Investigador principal (IP) e xenetista coordinador do comité asesor.
- Prof. Dr. Federico Martinón Torres: coIP e médico pediatra do comité asesor.
- Eva Mª Ben Garea: Xestora de proxectos internacionais FIDIS.
