
Somos unha cooperativa creada no 2018 baixo o auspicio da Asociación Músicas ao Vivo. Está formada exclusivamente por músicos e músicas galegas, acadando nestes momentos os 450 asociados.
O obxectivo principal da nosa organización é loitar pola dignificación da profesión de músico, así como polo recoñecemento dos beneficios da música en xeral.
Ofrecemos aos nosos socios un servizo de asesoramento e xestión integral, onde os músicos poden realizar en liña todos os trámites de facturación e solicitude de altas na Seguridade Social, consultas de nóminas, inclusión nas redes oficiais de música, etc. Xa é un referente no sector musical galego, recoñecido tamén a nivel das institucións públicas que avalan a nosa xestión.
Grazas ao gran impacto e prestixio da organización, conta con membros de todas as disciplinas e estilos musicais, profesionais en activo e moitos deles con ampla experiencia docente e en traballo comunitario.
Funcións no proxecto EUTERPE_adn
Colaboración no deseño e programación dos talleres musicais a desenvolver nos centros seleccionados. Elección das actividades didácticas, técnicas e instrumentos a utilizar.
Realización da intervención musical nos distintos centros a cargo dos músicos elixidos.
Colaboración na elaboración e aplicación do plan de comunicación, así como unha labor de difusión do proxecto a través dos nosos asociados e redes sociais.
Seguimento e control de todo o proceso financeiro do proxecto, asegurando que se axusta ao orzamentado na medida do posible.
Equipo de Traballo colaborador en EUTERPE_adn
- Mª José Pámpano López: Planificación, coordinación e dirección da actividade musical.
- Tomás Rábanos Muro: músico encargado da interpretación e desenvolvemento da actividade musical.
- Alejandro Vargas Rodríguez: músico encargado da interpretación e desenvolvemento da actividade musical.
- Manuel Antonio Alonso Iglesias: coordinación e execución do plan de difusión e comunicación do proxecto.
- Yolanda Boullosa Amoedo: xestión administrativa, laboral e financeira do proxecto. Xestión do proxecto na aplicación Coffee Interreg.
