EUTERPE_ADN

Descubre algunhas das Playlist do proxecto Euterpe_adn que temos dispoñibles en Spotify.

Música para espertar e contemplar

Selección de músicas inspiradoras para comezar unha sesión, para entrar pouco a pouco nunha actividade e activar a escoita.

Músicas que son ventás

Este repertorio propón músicas como ventás a paisaxes interiores ou imaxinarios, a lugares próximos ou afastados.

Músicas de Galicia

Música feita en Galicia, tradicional, popular, folk, experimental…

Música e identidade: Portugal

Música que marcou a identidade de Portugal, tradicional, popular, da intervención ou das excolonias.

Músicas do mundo

Selección musical representativa dunha riqueza e diversidade cultural e xeográfica.

Música de Cuba

Algúns éxitos da música cubana moi populares en España e Portugal.

Música de cine

Bandas sonoras de películas emblemáticas.

Música popular

Músicas para bailar e cantar.

Música clásica: mover emocións

Repertorio de música dos séculos XVIII ao XX seleccionada para activar emocións.

Música clásica: sentindo o pulso

Repertorio de música dos séculos XVIII ao XX seleccionada para activar o sentido rítmico.

Música clásica: timbres e instrumentos

O Carnaval dos animais (Saint-Saëns) e outras pezas para apreciar a variedade de timbres posibles.

Música contemporánea séculos XX-XXI

Desde Arvo Part e Stravinsky ao achegamento a novas músicas, cunha coidada selección que intenta motivar para activar a escoita e curiosidade.

Sons da natureza

Unha inmersión na natureza para activar a escoita e a atención, e pezas musicais que aluden a ela.