No terceiro trimestre da intervención, as actividades musicais baséanse na práctica instrumental. Utilizaranse instrumentos musicais de diferentes alturas e posibilidades tímbricas, instrumentos de pequena percusión, xilófonos, metalófonos, teclados, tambores, pandeiros, pandeiretas, melódicas, kalimbas, hang drum, campás, etc. Ademais, serán incluídos instrumentos especialmente adaptados para persoas con dificultades motoras debido ao dano cerebral, como o peitoque. As actividades estarán baseadas en dous piares: por un lado, a experimentación que posibilita a improvisación musical dirixida e libre, e, por outro lado, a oportunidade de tocar en grupo creando “combos”. A improvisación instrumental permite deseñar actividades flexibles que se adapten ás habilidades de cada un, e que de forma espontánea se experimente a fluidez de formar parte dunha actividade creativa. Con este taller final preténdese que os participantes sintan que son capaces de descubrir o artista que levan dentro e explorar a súa creatividade.





Actividades a realizar:
- Recordos rítmicos de cancións xa utilizadas nos outros trimestres, de diferentes xéneros.
- Percusión corporal, exploración en movemento e xogos vocais baseados en palabras.
- Aprendizaxe de ritmos tradicionais de música de Galicia e Portugal.
- Exploración con diferentes timbres e texturas a través de xogos de discriminación auditiva e creación de paisaxes sonoros.
- Composición colectiva: crear unha peza sonora en grupo, con posibilidade de usar grafías contemporáneas, simbólicas, inventadas; uso das cores das placas dos metalófonos.
- Tocamos sobre un background ou cancións xa coñecidas.
- Improvisación dirixida: xestual, uso de formas xeométricas, soundpainting rítmico…
- Sorpresas musicais: Presentar instrumentos fascinantes: Txalaparta, txistu, hang, violín, harmónica… e biografías de instrumentistas.
- Instrumentos de reciclaxe: construír instrumentos con materiais de reciclaxe e tocar con eles.
- Musicalizacións de textos como haikus, poemas, miniaturas…
Imparten: Alejandro Vargas, Tomás Rábano, Ana Conceição, Beatriz Rola.