EUTERPE_ADN

Programa de Cooperación Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027

Universidade do Minho – Centro de Investigación en Psicologia (CIPsi)

Universidade do Minho – Centro de Investigación en Psicologia (CIPsi)

A UMinho ocupa actualmente unha posición destacada nos principais rankings internacionais (Academic Ranking of World Universities). É o centro de coñecemento cun maior nivel de investimento captado nos períodos QREN e Portugal 2020, representando o 24% do total de Centros de I+D e Institucións de Educación Superior. Ocupa o 1º posto na lista de beneficiarios con máis financiamento recibido de Portugal 2020. En 2019, a UMinho foi a 2ª en Portugal que máis financiamento recadou no marco de H2020, conseguindo tamén 6 Bolsas ERC. A misión do CIPsi é promover o desenvolvemento e a difusión do coñecemento científico de calidade, incrementando a interacción entre a educación e a sociedade, e ampliando a súa responsabilidade social.

Funcións no proxecto EUTERPE_adn

O CIPsi coordina e leva a cabo a avaliación neuropsicolóxica dos participantes beneficiarios do proxecto EUTERPE_adn. Recollen e analizan os datos sociodemográficos, de benestar emocional, soidade, calidade de vida ou deterioración cognitiva, entre outros, de todos os participantes, antes, durante e despois da intervención musical.

Equipo de Traballo colaborador en EUTERPE_adn

  • Adriana Sampaio

Profesora Titular da Escola de Psicología da Universidade do Minho. Responsable e coordinadora da participación da Universidade do Minho; supervisión xeral das tarefas e participación de todo o equipo.

  • Marlene Nogueira

Investigadora do CIPSI, responsable da recollida e análise de datos.

  • Ana Cláudia Rodrigues

Investigadora do CIPSI, responsable da recollida e análise de datos.

  • Carla Martins

Profesora Titular da Escola de Psicología da Universidade do Minho. Apoio científico.

  • Eugénia Ribeiro

Profesora Titular da Escola de Psicología da Universidade do Minho. Apoio científico.

  • Pedro Moreira

Investigador Auxiliar do CIPsi, apoio na recollida e análise de datos psicofisiolóxicos.

  • César Lima

Profesor Titular do Departamento de Psicología do Instituto Universitário de Lisboa. Apoio científico.

  • María Almudena Gómez Pulido

Investigadora colaboradora, Facultade de Ciencias da Saúde, Universidade Internacional da Rioja. Responsable da recollida e análise de datos.