Rede transfronteiriza para o estudo da música como terapia nas enfermidades neuropsicomotoras e o envellecemento:
Unha aproximación dende a expresión xénica e a neuropsicoloxía
EUTERPE_adn, acrónimo que fai referencia á «musa da música» e a xenética, busca abordar retos comúns enfrontados pola poboación envellecida en Galicia e o Norte de Portugal, como a despoboación e a exclusión social. Ao aproveitar o poder terapéutico da música, o proxecto ten como obxectivo mellorar o benestar e a calidade de vida de persoas con demencia/Alzheimer, dano cerebral e adultos maiores.
EUTERPE_adn contribuirá a mellorar o benestar e a calidade de vida de persoas con demencia/Alzheimer, dano cerebral e adultos maiores, promovendo a música como actividade para un envellecemento saudable, que combata a soidade e a morbilidade que esta supón a través dunha actividade colectiva prolongada.
Dende outubro de 2024 ata xullo de 2025 lévanse a cabo talleres colectivos de música de 60 horas de duración, impartidos por Músicos ao Vivo en Galicia e o servizo educativo da Casa da Música de Porto en Portugal.
Os centros nos que se celebran os talleres de música son: Asociación Dano Cerebral Santiago de Compostela (Sarela), Centros de terapias de Agadea en Rianxo, A Estrada e Vedra, Centro de Dia “Memória de Mim” (Matosinhos) e dúas residencias da Santa Casa da Misericordia -S. Lázaro e Nª Sra. Da Misericordia- (Oporto).